Cargando resultados...
Un despiste provocou a explosión rexistrada nunha lavandería da Coruña
Un despiste provocou a explosión rexistrada nunha lavandería da Coruña
Todo apunta a que estoupou un cargador de acendedores dentro dunha secadora
A lavandería quedou moi estragada, pero non houbo danos persoais
G24.gal
15/03/2023 08:17
Última actualización 15/03/2023 08:47
Unha forte explosión alertou o polígono coruñés de Pocomaco á última hora da tarde. A fachada dunha lavandería quedou totalmente estragada despois dun forte estoupido que tamén afectou o interior do local.
Acudiron os bombeiros, e, mentres actuaban, un mozo confesou ser o responsable da detonación, por un despiste. Metera, sen querer, un cargador de acendedores entre a roupa da secadora: o gas e alta temperatura dentro do electrodoméstico causaron este enorme estrago. Non houbo feridos.