Cans de caza matan unha egua e atacan unha cadela nunha casa de Nogueira de Ramuín
Cans de caza matan unha egua e atacan unha cadela nunha casa de Nogueira de Ramuín
A egua matárona a dentadas en escasos minutos e a cadela está gravemente ferida
Os donos dos animais atacados aseguran que os cazadores estaban en dúas batidas contra o xabaril preto das casas
Unha manda de cans de caza atacan salvaxemente unha cadela e unha egua en Nogueira de Ramuín. A egua matárona a dentadas en escasos minutos e a cadela está gravemente ferida nunha clínica.
Foi un veciño que estaba co seu bebé vendo a egua o que chamou axiña o 112 para avisar que uns 12 cans a estaban a comer viva dun xeito moi salvaxe. Cóntanos que uns 12 cans estaban coméndoa viva dun xeito moi salvaxe. A cadela estaba dentro da casa do seu dono Fernando. Asegura que está en shock despois de ver como a manda de cans atacaban o animal dentro da súa propia vivenda. Fuji, a cadela, é a súa única compaña nesta aldea da Ribeira Sacra. Por sorte, a cadela caeu contra este valado e os cans fuxiron. Fernando rescatouna e levouna a unha clínica veterinaria, onde está gravemente ferida dende hai nove días.
Os propietarios dos animais atacados denunciaron os feitos no Seprona e aseguran que os cazadores estaban en dúas batidas contra o xabaril preto das casas. A lei de caza prohibe batidas a menos de 100 metros de zonas habitadas.