Unha moza de Ourense denuncia por violación o xogador de baloncesto Josep Pérez
Unha moza de Ourense denuncia por violación o xogador de baloncesto Josep Pérez
Ao parecer, os feitos ocorreron xa no mes de xaneiro, cando o MoraBanc Andorra xogou en Ourense contra o equipo da cidade das Burgas
Unha moza de Ourense denunciou por suposta violación a Josep Pérez Tomás, ex-xogador do MoraBanc Andorra, equipo que milita na liga LEB Oro de baloncesto, informaron este luns fontes xurídicas.
Nun comunicado de prensa, a entidade do Principado sinala que se puxo "ao dispor da xustiza" para esclarecer os feitos, ademais de condenar "sen fisuras" a violencia de xénero e dar todo o seu "apoio" á vítima.
O eventual delito, segundo a denuncia presentada pola suposta afectada ante a Policía Nacional de Ourense, sucedeu o pasado mes de xaneiro.
Ocorreu, segundo a súa versión, despois do partido da primeira volta que o MoraBanc Andorra disputou contra o Ourense en terras galegas.