Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller de 27 anos foi agredida sexualmente na primeira noite do San Fermín

Unha muller de 27 anos foi agredida sexualmente na primeira noite do San Fermín

A policía municipal de Pamplona detivo un home de 31 anos como presunto autor da agresión

O concello de Pamplona activou o Protocolo contra as agresións sexuais

G24.gal 07/07/2024 19:59

Unha muller de 27 anos foi agredida sexualmente en Pamplona na madrugada do sábado ao domingo, na primeira noite das Festas de San Fermín.

A policía municipal detivo un home de 31 anos como presunto responsable desta agresión, que se produciu no interior dunha vivenda da zona vella da cidade. O concello de Pamplona activou o Protocolo de resposta fronte ás agresións sexuais.

Os grupos municipais acordaron unirse á concentración de denuncia convocada polo movemento feminista. A primeira noite do San Fermín sáldase ademais con outras catro persoas detidas por dous casos de tocamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade