Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller faise pasar por alumna e rouba unha escultura dun estudio da Coruña

Unha muller faise pasar por alumna e rouba unha escultura dun estudio da Coruña

O artista valora a peza nuns 800 euros

Cre que estaba interesada nun cadro, pero que finalmente optou por unha obra que puido agochar no bolso

G24.gal 16/09/2024 14:25

Un indio montando a cabalo. Esa foi a escultura que Nacho Martínez fixo no seu último curso de Belas Artes, no 2020 e a que, supostamente, lle roubou unha muller que se apuntou a comezos de setembro a pintar no seu obradoiro do barrio coruñés dos Rosais.

"Díxome que pintara con Antonio López. Tiña habilidade pintando e era moi culta", explica Nacho Martínez, artista e responsable da galería O Raposo Púrpura.

A muller, dun corenta anos, chegou ao seu obradoiro de pintura un luns e o xoves comezou a interesarse pola obra de Nacho. El explicoulle todas e cada unha das súas creacións. El cre que nun primeiro momento, estaba interesada nun cadro, pero que como era moi grande e pesado, optou por levar unha escultura que a puido agochar no bolso.

"É o valor sentimental, máis que outra cousa. Si tiña valor porque os materiais eran moi caros. Era a escultura máis valiosa que tiña. Rozaba os 700-800 euros", di Nacho.

Conta que ao principio chegou a sospeitar dela, pero despois decidiu darlle un voto de confianza.

"Pareceume todo moi estraño. Unha muller que viña de fóra... pero deixeina estar".

Na galería Nacho non ten ningún sistema de seguridade. Agora valora instalar unha cámara de vixilancia para evitar episodios similares.

Di que nin presentou nin vai presentar denuncia. Prefire facer borrón e conta nova. Mesmo di que tras a subtracción agora ata se sente un artista importante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade