Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha noiesa quéixase de desatención municipal por vivir no límite con Porto do Son

Unha noiesa quéixase de desatención municipal por vivir no límite con Porto do Son

Pídelle ao consistorio de Noia a reapertura dun camiño e ao de Porto do Son a mellora do acceso á súa casa

A vía de acceso á casa pertence a Porto do Son e parte do camiño que está sen saída é de Noia
G24.gal 29/09/2022 14:06 Última actualización 29/09/2022 14:19

Vivir no límite pode dar problemas. Tamén se se trata de linde no territorio municipal, como nos relata Teri, propietaria canda seu marido desta vivenda con singular localización na parroquia noiesa de Boa. 

Mostra como o chanzo da súa casa está en Noia e uns centímetros á esquerda xa está en territorio do Porto do Son. Precisa que a casa pertence ao concello de Noia, que é onde paga as taxas municipais que corresponden. Pero parte dos accesos da vivenda dependen do concello do Porto do Son e non todos están nas condicións que deberían:

"O Concello do Son fixo moito por nós, pero agora estamos pendentes da solución desta parte á que renuncian os donos e quedou de limpar o terreo o Concello (do Porto do Son). E máis abaixo o camiño non ten saída e quedaron de arranxalo todo para abaixo, e ademais (un veciño) colocou un poste medio e medio no camiño e non se pode nin subir nin baixar", di Teresa León.

A vía da que pide a reapertura pertence a Noia e a que lle permite acceder e saír da casa en coche, a Porto do Son. Insta á cooperación entre ambos concellos para ter outro e máis amplo camiño á vivenda:

"Se pago os impostos en Noia, o (Concello) de Noia que lle axude ao do Son a arranxarme todo isto que teño; o camiño e o retranqueo do muro que vai sobre o camiño", afirma Teri, e insiste en que tal como está isto a chegada en coche á súa casa é complicada e a saída aínda máis e que por aquí corre moita auga cando chove.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade