Unha nova parada de bus ocasiona problemas a unha familia de Portosín
Unha nova parada de bus ocasiona problemas a unha familia de Portosín
Din que lles limita o acceso ao garaxe e que na vila hai sitios máis seguros para colocala
Ao non chegar a ningunha solución co concello, o caso xa está na Valedora do Pobo
Instaláronlle unha marquesiña do autobús diante da porta da casa e agora desfacerse dela estase a converter en toda unha odisea. Na vivenda afectada din que lles provoca numerosos problemas, mesmo lle limita o acceso ao garaxe, e aseguran que na vila hai sitios máis seguros para colocar a marquesiña.
Lonxe de arranxarse, o asunto xa está en mans da Valedora do Pobo ao non chegar a ningunha solución co concello.
No momento das obras os sinais de prohibido estacionar obstaculizaban a entrada do coche no seu garaxe. Retirounas o seu fillo e levounas ao Concello e agora teñen que facer fronte a unha multa de 3.000 euros. Van recurrila mentres seguen loitando pola retirada da marquesiña.