Unha parella que chegou desde Suíza en tractor queda atrapada en Bergondo
Unha parella que chegou desde Suíza en tractor queda atrapada en Bergondo
A Garda Civil de Tráfico da Coruña inmobilizoulles o vehículo
Josef e Nolli miran a súa foto na portada dun xornal. Saíron de Zürich o 21 de maio. El fixera a pé o Camiño de Santiago en 2002 e quería que ela tamén vivise a experiencia.
Josef di que lle mostrou Santiago como peregrina, pero ela responde que non a avisou de que ía acabar case arrestada.
O motivo: o vehículo en que viñeron, un tractor que tira da caravana en que dormen. Cando se lles pregunta pola ocorrencia, Milli contestan con sinxeleza: non pode andar.
O caso é que tras 2.500 quilómetros, diferentes controis que pasaron sen problema e varios países, a Garda Civil de Tráfico da Coruña parounos en Bergondo.
Díxolles que un tractor non pode tirar dunha caravana e inmobilizaron o vehículo, ao negarse a parella a pagar a multa imposta: 200 euros.
Autorización
Non pagan, din, porque non fixeron nada mal. Explícannos que homologaron o tractor para que figurase como máquina de tren con autorización para levar a caravana e coa única limitación de non ir por autoestradas, nin a máis de 30 quilómetros por hora.
Contan que os axentes da Garda Civil prometeron achegalos este sábado a un cámping pero que non volveron. Recordan que teñen 84 e 79 anos e que carecen de luz e de agua para asearse. Recibiron, iso si, o apoio de varios veciños, como Beni.
"Empatizamos con eles, os do bar escoitáronme a min a historia e viñeron pola tarde con emigrantes en Suíza", explica.
A Garda Civil di que non están detidos, que se pagan a multa poden levar os vehículos, pero non coa caravana enganchada ao tractor e que os deixaron alí porque hai un hotel preto.
Nolli e Josef non perden o sorriso e, agás este incidente, quedan coa impresión de que os españois son xente moi amable.