Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller de 48 anos falece tras chocar contra un camión cando circulaba por Mañón

Unha muller de 48 anos falece tras chocar contra un camión cando circulaba por Mañón

Os servizos de emerxencia desprazáronse ata o lugar, pero só puideron confirmar o falecemento

Foi preciso chamar o persoal de mantemento de estradas para restablecer as condicións da vía, xa que o camión estaba vertendo combustible na estrada

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061 Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061
G24.gal 05/08/2024 17:48 Última actualización 05/08/2024 18:11

Unha muller de 48 anos, veciña do Barqueiro, faleceu este luns en Mañón tras colidir contra un camión cando circulaba no seu turismo.

O 112 Galicia informou de que o accidente se produciu na AC-862, no quilómetro 67,5, ao seu paso pola parroquia de Mogor.

Foi un particular o que avisou do ocorrido ás 13:33 horas. Ata o lugar desprazouse o 061, que só puido confirmar o falecemento da persoa.

No operativo tamén participaron membros do GES de Ortigueira, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

Segundo comunicou o 112, "a estrada estaba cortada por completo, e o camión estaba vertendo combustible nela", polo que tamén foi preciso chamar ao persoal de mantemento de estradas para restablecer as condicións da vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade