Publicador de contidos
Publicador de contidos

A colisión frontal da A-52 deixa un falecido e tres persoas feridas graves

A colisión frontal da A-52 deixa un falecido e tres persoas feridas graves

Un coche saltou a mediana e bateu contra o vehículo no que viaxaba unha familia

Un home, de 41 anos, faleceu no acto. A muller e a filla de trece meses están graves

O condutor que provocou o accidente, un mozo de 25 anos, tamén ten feridas graves

Os dous coches implicados no sinistro
G24.gal 07/01/2023 11:41 Última actualización 07/01/2023 21:19

No punto quilométrico 290 da A-52, que une Vigo e Ourense, produciuse o choque frontal no que perdeu a vida un home e outras tres persoas quedaron feridas de gravidade.

Un vehículo que ía dirección Vigo atravesou os carrís do seu sentido, a mediana, polo marxe esquerdo, e foi de fronte contra outro coche que circulaba cara a Ourense no que ía un matrimonio e a filla de 13 meses. 

O home que provocou o accidente, un varón de 25 anos con residencia en Ponteareas, quedou ferido grave. Tivo que ser excarcerado para o seu traslado hospitalario. Tiñan pendente facerlle as probas de alcol e drogas. 

Faleceu no acto

No vehículo co que impactou ía un familia de Vigo. O condutor, de 41 anos, de profesión avogado, faleceu no acto.

A súa dona de 39 anos e a súa filla de 13 meses, que viaxaban no asento traseiro, a adulta co cinto de seguridade e a menor co sistema de retención infantil, resultaron feridas graves. Foron trasladadas ao Álvaro Cunqueiro e o prognóstico é reservado. 

A vía, en dirección Ourense, permaneceu cortada máis de tres horas e o tráfico tivo que ser desviado pola estrada nacional pola a saída 291. 

O tráfico quedou cortado durante varias horas neste punto
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade