Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha pista segue intrasitable un mes despois dos temporais na parroquia de Esmelle

Unha pista segue intrasitable un mes despois dos temporais na parroquia de Esmelle

Os veciños teñen que armarse con botas ou saltar polos valados para pasar

A pesar dos reiterados avisos no concello, a pista segue sen amañarse

G24.gal 16/02/2023 13:45 Última actualización 16/02/2023 14:04

Máis dun mes levan os veciños de Esmelle, en Ferrol, demandando o arranxo dunha pista que quedou intransitable por mor dun corremento de terra tras os temporais de decembro. Pero a lista de queixas é longa e aseguran que o desleixo e a desidia co rural son absolutos. 

As escorreduras que provocou o temporal o 24 de decembro pasado causaron varios desprendementos de terra nesta pista de Esmelle. Moitos veciños pasean acotío por ela e mesmo era o acceso en coche para unha vivenda, pero desde entón quedou intransitable.

Os que a usan teñen que armarse con botas ou saltar polos valados para pasar. A pesar dos reiterados avisos no concello, a pista segue igual.

Aseguran que isto é consecuencia do deficiente trazado das pistas da parcelaria, da falta de canalización da auga e de que non se limpen as cunetas. Pero non é a única queixa. Os veciños de Esmelle din que se senten abandonados no rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade