Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha tromba de auga provocou o anegamento de baixos e garaxes en Vilalba

Unha tromba de auga provocou o anegamento de baixos e garaxes en Vilalba

A treboada estivo acompañada de sarabia e de aparato eléctrico

Félix Aragunde 09/06/2023 14:00

Choveu con intensidade durante só uns minutos, pero foi suficiente para provocar unha tromba de auga no centro de Vilalba. Acompañada de sarabia e de aparato eléctrico, a treboada anegou baixos comerciais e garaxes en varias rúas da capital chairega.

Debido á tormenta, tamén se asolagaron algunhas instalacións deportivas de Vilalba. Pola súa parte, os bombeiros do parque comarcal tiveron que atender diversas incidencias.

Ignacio Martínez, sarxento dos bombeiros de Vilalba: "Pola tarde atendemos tres anegamentos no núcleo urbano debido aos sumidoiros tupidos, que non daban evacuado toda a a auga. E de madrugada caeu unha árbore en Sancovade e houbo unha saída de vía".

Noutras comarcas, coma na Mariña, a borrasca tamén deixou precipitacións en forma de pedrazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade