Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha veciña de Muxía loita contra a lama ás portas da súa casa

Unha veciña de Muxía loita contra a lama ás portas da súa casa

Denuncia que a leira dun veciño trae os lodos e o Concello non pon solución ao problema

A situación vén de lonxe, pero empeorou pola chuvia e ten que poñer sacas de contención

G24.gal 11/11/2022 13:26

Pilar veu vivir á aldea de Merexo, no concello de Muxía, dende A Coruña buscando tranquilidade hai seis anos, pero ao pouco de chegar comezaron os problemas de acumulación de lama en momentos puntuais ás portas e mesmo dentro da súa propiedade.

Esta veciña tivo que improvisar sacas de contención para frear a lama que se acumula fronte á súa casa que vén dunha leira, que coa súa caída e sobre todo cando chove, descarga aquí ese río de lama que inunda a estrada.

Agora a cousa foi a máis xa que a cantidade de lama medrou coa chegada da chuvia máis continuada. Ademais ten a súa nai vivindo ela e a anciá ten problemas de mobilidade.

Asegura que a situación, que afecta tamén, aínda que en menor intensidade, algún veciño máis da zona, xa é insostible para ela e pide ás autoridades que tomen medidas para axudarlle a resolver o problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade