Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vertedura de xurro obriga a pechar as piscinas fluviais da Carixa

Unha vertedura de xurro obriga a pechar as piscinas fluviais da Carixa

Os veciños de Vila de Cruces aseguran que non é a primeira vez que ocorre e lamentan que isto suceda en pleno verán

Desde o Concello confían en que hoxe mesmo poidan volver estar operativas

G24.gal 22/08/2022 14:36

Foron os propios bañistas os que alertaron o sábado da turbidez e mal cheiro da auga nesta zona de baño da Carixa en Vila de Cruces. Técnicos de Augas de Galicia e do Seprona inspeccionaron a zona. Determinaron que se debía a unha vertedura de xurro.

Desde o sábado prohibiron o baño no río e nas piscinas e baleiráronas. Os veciños aseguran que non é a primeira vez que se producen verteduras ao río.

Quéixanse de que isto suceda, ademais, no verán, cando poden gozar destas instalacións que son ademais un atractivo turístico.

Mentres se investiga a orixe da vertedura, operarios do Concello limpaban esta mañá os vasos das piscinas. Reabriranse en canto as análises da auga dean resultados óptimos que aconsellen o baño. Desde o Concello confían en que hoxe mesmo poidan volver estar operativas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade