Unha xuíza arquiva a segunda causa que Shakira tiña aberta en España por fraude fiscal
Unha xuíza arquiva a segunda causa que Shakira tiña aberta en España por fraude fiscal
A Fiscalía e as acusacións particulares exercidas pola Axencia Tributaria e pola Generalitat xa anunciaran que apoiaban a petición da defensa
Unha xuíza de Esplugues de Llobregat (Barcelona) arquivou a segunda causa que a cantante Shakira tiña aberta en España, neste caso por, supostamente, defraudar 6,6 millóns de euros a Facenda en 2018, despois de que a Fiscalía e as demais acusacións pedisen que se pechase a investigación.
Nun auto, a titular do Xulgado de Instrución número 2 de Esplugues conclúe que non existe "indicio algún" que poida acreditar que Shakira "de maneira consciente e voluntaria" omitise información e documentación con "transcendencia tributaria" nas súas declaracións do IRPF e Patrimonio en 2018 ao asesor fiscal encargado das súas autoliquidacións.
A Fiscalía e as acusacións particulares exercidas pola Axencia Tributaria e pola Generalitat anunciaron este mércores que apoiaban a petición da defensa de que se arquivase a causa, co que o xulgado non tiña outra opción que pechar o caso.