Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha xuíza de Florida desestima o caso contra Trump por levar documentos confidenciais

Unha xuíza de Florida desestima o caso contra Trump por levar documentos confidenciais

A xuíza, nomeada durante o mandato de Trump, argumentou que o fiscal especial a cargo da investigación, Jack Smith, non foi designado legalmente

G24.gal 15/07/2024 16:53

A xuíza de Florida Ailenn Cannon desestimou este luns o caso no que se acusaba o expresidente e precandidato republicano, Donald Trump, de levar documentos confidenciais da Casa Branca.

A sentenza, que chega dous días despois do atentado no que sobreviviu Trump nun mitin en Butler, Pensilvania, representa unha vitoria legal para o exmandatario.

Cannon, quen foi nomeada durante o mandato de Trump, argumentou na sentenza que o fiscal especial a cargo da investigación, Jack Smith, non foi designado legalmente e o seu nomeamento "viola a Cláusula de Nomeamentos da Constitución de Estados Unidos".

Trátase da primeira vez que uno dos catro casos penais contra Trump, que esta semana será proclamado candidato presidencial polo seu partido na Convención Nacional Republicana en Milwaukee, é desestimado por completo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade