Unicef e o 'Galicia en goles', xuntos polo benestar da infancia no ámbito deportivo

Nenos e nenas visitaron este sábado o estudio multimedia da Radio Galega 

G24.gal 25/11/2023 15:49

Dentro das moitas iniciativas da CRTVG na semana da Infancia de Unicef, no Galicia en goles recibiron a visita de Irene Marín, coordinadora autonómica de Unicef Galicia, e de Juan, Uxía e Bibiana. Xuntos falaron sobre a súa experiencia co deporte e a necesidade de fomentar o benestar e a protección dos nenos e nenas dentro do ámbito deportivo.

"É un tema moi importante, porque é evidente que os nenos teñan espazos seguros para practicar deporte e loitar contra a obesidade. Co deporte fomentamos o traballo en equipo, bo para a saúde física e mental. Fomenta moitos valores positivos".

Logo tamén puideron contar as súas vivencias Juan, Uxía e Bibiana, como entraron no deporte e como  chegaron a Unicef Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade