Unidas Podemos mételle presión ao PSOE para que non pacte co PP a reforma da lei do 'só si é si'
Unidas Podemos mételle presión ao PSOE para que non pacte co PP a reforma da lei do 'só si é si'
Se nada cambia en 24 horas, a reforma sairá adiante co apoio do Partido Popular
A 24 horas de que se vote no Congreso a reforma da lei do 'só si é si', Unidas Podemos mantén a presión sobre o PSOE para evitar que pacte co Partido Popular.
Hai tempo para o acordo, din dende a formación morada, ao mesmo tempo que acusan o Partido Socialista de pactar coa dereita para recortar os dereitos das mulleres.
Unidas Podemos mantén unha dobre estratexia. Por unha banda, a presión con mensaxes contundentes. E por outra parte, aínda tende a man ao PSOE.
A propia Ángela Rodríguez pedíalles aos socialistas que os chamaran, que había tempo. Tamén Ione Belarra. Reprochou ao PSOE falta de valentía, pero a mesmo tempo pediulle que rectifique.
Con todo, se non cambia nada en 24 horas, a reforma sairá adiante co apoio do Partido Popular. Antes, Cuca Gamarra díxolle a Pedro Sánchez que pasará a historia por poñer en liberdade preto de mil agresores sexuais.