Cargando resultados...
Uns 800 galegos menores de 30 anos poderán beneficiarse das axudas á contratación
Uns 800 galegos menores de 30 anos poderán beneficiarse das axudas á contratación
A Xunta destina 7,5 millóns de euros a incentivos para a contratación de mozos
G24.gal
25/08/2023 14:09
As empresas galegas poden solicitar dende hoxe os incentivos para contratar parados menores de 30 anos. A Xunta prevé incorporar ao mercado laboral entre 500 e 800 mozos grazas a estas axudas de ata 20.000 euros para contratos formativos de doce meses de duración.
A Consellería de Promoción do Emprego investirá sete millóns e medio de euros neste programa, destinado a empresas, autónomos e sociedades civís.