Publicador de contidos
Publicador de contidos

Só o 15 % dos menores de 30 anos logra emanciparse

Só o 15 % dos menores de 30 anos logra emanciparse

O Consello da Xuventude cre que o problema está na precariedade laboral

Son as peores cifras do século, cun 33 % de persoas de 30 anos que seguen sen marchar da casa

Unha de cada tres persoas de 30 anos non deu aínda o paso de independizarse
G24.gal 16/12/2021 20:07

Non é un fenómeno novo pero o certo é que a crise pola pandemia acentuouno. Os mozos marchan cada vez máis tarde da casa. Os últimos datos son os peores no que vai de século. Só o 15 por cento dos menores de 30 anos viven pola súa conta.

Algo moi diferente ao que ocorre noutros países e que ten como causa principal os problemas do mercado laboral e os salarios baixos. Malia que tamén semella que algúns o que non teñen son moitas ganas.

O caso é que un de cada tres mozos de trinta anos vive cos seus pais, case dous puntos máis ca o ano pasado. Un informe do Consello da Xuventude advirte de que tras a covid o emprego xuvenil presenta aínda maior precariedade, o que complica e moito comprar ou alugar unha vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade