Publicador de contidos
Publicador de contidos

Urdaibai reforza o liderado da Liga ACT en Castro Urdiales

Urdaibai reforza o liderado da Liga ACT en Castro Urdiales

Non foi unha boa regata para as galegas: Cabo acabou no oitavo posto; Meira, última

G24.gal 23/07/2023 14:05

Na Liga ACT confírmase a superioridade de Urdaibai neste treito da temporada, e os problemas de Samertolameu de Meira

A traiñeira galega volveu rematar de última na Bandeira de Castro Urdiales, pero o peor son as sensacións. Cedeu 45 segundos con Kaiku na primeira quenda. Afúndese na última praza da Liga.

Cabo de Cruz non puido repetir o bo papel de anterior Bandeira. Rematou de segunda a súa quenda, pero foi superada por dúas da primeira e clasificouse oitava na Bandeira que foi para Urdaibai. Dobrete dos de Bermeo, que reforzan o liderado nesta Liga ACT

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos