Publicador de contidos
Publicador de contidos

Urkullu pide un pacto para reinterpretar a Constitución e avanzar no autogoberno

Urkullu pide un pacto para reinterpretar a Constitución e avanzar no autogoberno

Bolaños di que valora a proposta "lexítima" de Urkullu aínda que non é a do Goberno

O PP defende a necesidade de recuperar os principios constitucionais máis que reinterpretar a Constitución

G24.gal 31/08/2023 13:17

O lehendakari Íñigo Urkullu considera que o actual momento político "abre unha nova oportunidade" para avanzar no carácter plurinacional do Estado e no desenvolvemento do autogoberno de Euskadi, "e no seu caso Navarra e resto de comunidades históricas" sen necesidade de modificar a Constitución.

Nunha tribuna publicada en El País este xoves, Urkullu, propón unha "convención constitucional" que permita pactar "unha interpretación da Constitución sobre aquilo que non está resolto: a cuestión territorial", e sen que haxa modificación previa da Carta Magna.

Urukullu explica que a figura da "convención constitucional" é un recurso utilizado na cultura política anglosaxoa e para a súa aplicación en España "non habería impedimento expreso".

Trataríase, di, dunha convención constitucional "limitada ou específica" para actualizar a interpretación da Constitución sobre a cuestión territorial. "Non sería unha fórmula máxica nin un camiño expedito, pero podería abrir novas posibilidades de desenvolvemento futuro", subliña.

Urkullu entende que agora se abre a posibilidade de "evolucionar progresivamente" aínda que é consciente de que o pacto "non se pode impoñer ao Estado". "As dúas partes deben estar de acordo e han de actuar cun compromiso de lealdade recíproca. Non queremos impoñer nada a ninguén, pero tampouco podemos aceptar que se impida ao pobo vasco manifestar a súa vontade", admite no artigo. 

Bolaños di que valora a proposta "lexítima" de Urkullu, aínda que non é a do Goberno

O ministro da Presidencia en funcións, Félix Bolaños, valorou a proposta "moi lexítima" que fixo o lehendakari, Íñigo Urkullu, para avanzar no carácter plurinacional do Estado e desenolver o autogoberno en Euskadi aínda que subliñou que esa non é a proposta do Goberno. Agregou que sempre valora positivamente "todas as propostas que se fan para buscar puntos de equilibrio e acordo entre diferentes dentro do marco constitucional". 

 O vicesecretario de Cultura e Sociedade Aberta do PP, Borja Sémper, defendeu a necesidade de recuperar os principios constitucionais máis que reinterpretar a Constitución como reclamou o lehendakari vasco.  Sémper dixo que o que leu non lle soa novo, porque é algo que xa oíron moitas veces, aínda que destacou que Urkullu fala de avanzar "dentro da Constitución", unha diferenza que considera "notable" con respecto ao que demandan os independentistas cataláns.

Neste sentido, insistiu en que, máis que reinterpretar a Constitución, o que hai que facer é "recuperar os principios constitucionais" e "ter en conta cal é o proxecto que temos de país e cara a onde queremos mirar".

O presidente da Xunta considera que a proposta do lehendakari está ben encamiñada porque se enmarca, di, dentro da Constitución. Iso si, Alfonso Rueda pide que ten que garantir a igualdade entre os territorios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos