Publicador de contidos
Publicador de contidos

Usuarios da estrada nacional 540 quéixanse das fochancas que presenta a vía

Usuarios da estrada nacional 540 quéixanse das fochancas que presenta a vía

Reclaman que se amañe de forma urxente porque lles causa avarías nos coches

Xa hai prevista unha actuación que se desenvolverá en 18 meses

G24.gal 04/08/2024 16:19 Última actualización 04/08/2024 16:35

As queixas polo estado que presenta a estada nacional 540 que une Lugo e Ourense son constantes. En Chantada son varios os que recoñecen ter sufrido avarías nos seus coches.

Evitar as fochancas resulta complicado. Con todo, a vía foi mellorando porque os foxos con máis risco xa os foron parcheando. 

A idea é mellorar o firme ao longo dos 69 quilómetros, unha actuación que se levará a cabo en 18 meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade