Publicador de contidos
Publicador de contidos

UXT e CCOO reclaman incrementos salariais e medidas para a contención dos prezos

UXT e CCOO reclaman incrementos salariais e medidas para a contención dos prezos

Os dous sindicatos celebraron unha manifestación central conxunta na Coruña

G24.gal 01/05/2022 14:42

Comisións Obreiras e UXT celebraron conxuntamente o primeiro de maio cun acto central na Coruña no que reclamaron a introdución nos convenios colectivos de cláusulas de revisión salarial para compensar a inflación e evitar a perda de poder adquisitivo dos traballadores e tamén a aplicación de medidas de contención dos prezos.

Esixiron reforzar a igualdade e a cohesión social e insistiron en que o factor traballo debe situarse sempre no centro das políticas. Aos gobernos central e autonómico reclamáronlles axudas para as familias con ingresos mensuais inferiores a mil euros, máis de cincocentas mil en Galicia.

Para os dous sindicatos é unha xornada eminemente reivindicativa, pero tamén debe servir para valorar os logros acadados nos últimos meses, como os acordos sobre o salario mínimo interprofesional, a reforma das pensións ou a lei de teletraballo.

Houbo representación do PSdeG na manifestación, que partiu desde a praza da Palloza. A vicesecretaria xeral dos socialistas galegos trasladou a súa preocupación pola situación de involución laboral, dixo Lara Méndez, na que Alberto Núñez Feijóo deixa Galicia. 

A marcha rematou cunha concentración fronte á Delegación do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade