Vaga de calor extrema na península, con temperaturas por riba dos 40 graos
Vaga de calor extrema na península, con temperaturas por riba dos 40 graos
As máximas alcanzarán facilmente os 36 graos no interior da península e de Mallorca
Estes valores superaranse no val do Guadalquivir, no do Guadiana e no do Texo con temperaturas entre os 40 e os 43 graos
En boa parte da Península esta fin de semana están a sufrir unhas temperaturas moi altas para este mes. A vaga de calor que comeza este domingo é a máis temperá e a máis intensa nun mes de xuño.
En total, sete comunidades autónomas terán hoxe aviso de risco por unha vaga de calor extrema. A causa é a entrada dunha masa de aire cálido procedente do norte de África.
As temperaturas máximas alcanzarán facilmente os 36 graos no interior da península e de Mallorca. Estes valores superaranse amplamente no val do Guadalquivir, no do Guadiana e no do Texo con temperaturas entre os 40 e os 43 graos. No val do Ebro é probable que se alcancen 41 graos.
Nestas zonas, as temperaturas mínimas serán tamén elevadas. A vaga de calor manterase, polo menos, ata o mércores.