Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación en Grecia e Italia pola vaga de calor extrema que azouta Europa

Preocupación en Grecia e Italia pola vaga de calor extrema que azouta Europa

Bombeiros de once países axudarán a Grecia na loita contra os incendios forestais

As vagas de calor extrema son moi perigosas
G24.gal 22/07/2023 20:18 Última actualización 22/07/2023 21:20

Un anticiclón que leva o nome de Cérbero é o culpable directo desta vaga de calor extrema que afecta de xeito especialmente grave a Grecia, aínda que os especialistas lembran que o cambio climático é o responsable último de boa parte destes fenómenos meteorolóxicos.

Máis de 46 graos

Grecia en xeral, e Atenas en particular, prepáranse para soportar dúas semanas de temperaturas por riba dos 40 graos, e que poden chegar aos 46 graos nalgúns lugares do sur do país.

As autoridades gregas din que a calor e a seca favorecen os incendios forestais, algúns dos cales xa arrasan zonas de Atenas, do Peloponeso ou da illa de Rodas. Os bombeiros gregos contarán co apoio de colegas e medios antiincendios de once países.

Altas temperaturas e sarabia

Outro lugar europeo cunha situación meteorolóxica preocupante é Italia, onde capitais coma Roma, Palermo, Nápoles ou Pescara están en alerta vermella pola calor extrema, con temperaturas que poderán superar os 40 graos por quinto día consecutivo.

E ao mesmo tempo, o norte de Italia segue sufrindo un forte temporal de sarabia, chuvia e ventos de ata 140 quilómetros por hora.

Vítimas da calor extrema

As vagas de calor extrema son moi perigosas. A que sufriu Europa en 2003 ocasionoulles a morte a setenta mil persoas, e a do ano pasado deixou tras de si 62.000 persoas falecidas.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade