Valencia centra a atención de PP e PSOE nas eleccións que se celebran en 12 comunidades
Valencia centra a atención de PP e PSOE nas eleccións que se celebran en 12 comunidades
O socialista Ximo Puig confía en manter o goberno de coalición coa esquerda
O PP confía en recuperar Valencia e manter Madrid
En 12 comunidades autónomas celébranse eleccións aos seus parlamentos. Todas as miradas están postas na Comunidade Valenciana gobernada agora polo Partido Socialista en coalición, pero que o Partido Popular podería recuperar. Uns e outros coinciden en que estes comicios marcarán unha tendencia e serán unha primeira volta con vistas ás xerais de finais de ano.
Só cinco comunidades quedan fóra desta xornada de votacións para os parlamentos autonómicos: Galicia, Andalucía, Euskadi, Cataluña e Castela-León, que adiantou as eleccións a febreiro do ano pasado. En Madrid tamén houbo adianto pero o seu Estatuto de autonomia establece que se volva acudir ás urnas ao final da lexislatura orixinaria.
Asi pois, hoxe os votantes das doce comunidades restantes elixirán os 736 deputados autonómicos e 216 conselleiros insulares as Baleares e as Canarias, que decidirán os futuros gobernos de cada unha destas rexións. E segundo algunhas sondaxes, ata en sete podería haber un cambio político.
Delas, a que centra toda a atención é a Comunidade valenciana, gobernada agora polo PSOE en coalición con outras forzas de esquerda, e que o Partido Popular quere recuperar.
"Cada voto é imprescindible poir iso gustaríame que a comunidade velenciana fora unha vez mías record en participación", di Ximo Puig
"Que todo vaia ben, eu especialmente coa ilusión de abrir unha nova etapa, coa ilusión dun cambio que se merece a nosa xente", explica o candidato do PP.
Os gobernos que defende o PP son o de Madrid, onde semella que Isabel Díaz Ayuso non vai ter problemas para conseguir unha maioría ampla...
"Que todo se desenvolva con normalidade como está sendo, que sigamos unidos, que consigamos máis liberdade e máis prosperidade cada día"Díaz Ayuso
e Murcia, onde quizais López Miras teña que buscar apoios. O PSOE aspira á unha maioría absoluta en Castela-A Mancha.
"Creo que é moi importante votar e sería unha magnífica lección pra todos os que intentan deterior os sistema", García Page.
e a gobernar con pactos en Asturias, Navarra, Aragón, illas Baleares ou na Rioxa.
Máis dúbidas hai sobre o que poida pasar nas Canarias, onde Coalición Canaria poderia inclinar o goberno cara o PSOE ou o PP, e en Cantabria, onde non se descarta unha victoria dos populares.
En calquera caso, os dous partidos maioritarios consideran estas eleccións como o primeiro enfrontamento nas urnas entre Pedro Sánchez e Aleberto Núñez e Feijóo, e os resultados darán pistas sobre o que poida pasar nas xerais previstas para final de ano.