Publicador de contidos
Publicador de contidos

Varias 'influencers' pasan polo quirófano para cambiar a cor de ollos

Varias 'influencers' pasan polo quirófano para cambiar a cor de ollos

A Sociedade Española de Oftalmoloxía advirte de que é unha intervención perigosa, con consecuencias irreversibles para a visión

Unha moda que pode supoñer complicacións graves

G24.gal 27/05/2024 14:07

Cambiar a cor de ollos é posible. Varias influencers entraron a quirófano para, cunha nova técnica, inxectar pigmento na córnea. Pero moito coidado con esta moda, a Sociedade Española de Oftalmoloxía advirte que é unha intervención perigosa, con consecuencias irreversibles para a visión.

A filla de Ortega Cano e Rocío Jurado foi a última influencer en operarse para cambiar a cor de ollos.

Daniela Requena amosaba o resultado en TikTok. Esta influencer recoñece agora que a cor non é todo o natural que agardaba e son varias as persoas intervidas que non quedan satisfeitas, xa que os ollos perden profundidade e semellan de boneca.

A última técnica cirúrxica de moda, a queratopigmentación, consiste en tallar un saco corneal para inxectar microminerais de cor, unha intervención que a Sociedade Española de Oftalmoloxía advirte que non é segura.

Ramón Lorente, oftalmólogo, di que hai que ser moi cautos, que a SEO non o recomenda, que é unha cirurxía cosmética e ter problemas de visión ou complicacións nunha córnea por unha operación estética é un risco que pode rematar nun transplante de córnea.

Aceptación e amor propio e, senón, os oftalmólogos recomendan usar ocasionalmente lentes de contacto cosméticas de cor e agardar a que a ciencia acredite intervencións máis seguras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos