Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida en Londres unha muller que atropelou unha nena ao chocar co coche contra unha escola

Detida en Londres unha muller que atropelou unha nena ao chocar co coche contra unha escola

Outras dez persoas, na súa maioría nenos, tiveron que ser hospitalizadas

Xornal The Guardian Xornal The Guardian
G24.gal 06/07/2023 12:21 Última actualización 06/07/2023 20:33

 Unha muller de máis de 40 anos foi detida por causar a morte dunha nena de 8 tras chocar este xoves o seu vehículo contra un dos edificios dunha escola de primaria nun barrio do suroeste de Londres

Outras 16 persoas resultaron feridas. Dez delas, na súa maioría nenos, foron hospitalizadas.

Os medios de comunicación británicos din que as escolares e os seus mestres estaban a celebrar unha festa de fin curso no xardín de diante do edificio cando o coche os levou por diante.

"É unha noticia tráxica e os nosos pensamentos están coa familia e os amigos da nena e con todas as persoas afectadas" polo ocorrido, declarou a detective xefe Clair Kelland, comandante da Policía na zona.

O primeiro ministro, Rishi Sunak, enviou as súas condolencias ás vítimas deste "horrible" suceso, que "sería unha experiencia aterradora para os nenos, o persoal e os pais", dixo o seu voceiro.

A Policía continúa a investigación e o interrogatorio de testemuñas para establecer as circunstancias do accidente, pero descartou que "se trate dun acto de terrorismo".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade