Publicador de contidos
Publicador de contidos

O atacante de Hamburgo suicidouse ao chegar a policía e tiña permiso de armas

O atacante de Hamburgo suicidouse ao chegar a policía e tiña permiso de armas

Non contaba con antecedentes penais de ningún tipo e posuía un permiso de armas como tirador deportivo

As sete vítimas mortais do ataque son catro homes e dúas mulleres, de entre 33 e 60 anos, e unha criatura nonata de sete meses

Oito persoas quedaron feridas e catro delas permanecen de momento en estado grave

G24.gal 09/03/2023 23:26 Última actualización 10/03/2023 05:10

O atacante que matou sete persoas mentres participaban nun oficio relixioso en Hamburgo suicidouse ao chegar a policía e usou para a matanza unha pistola para a que dispoñía dun permiso de armas.

Cando os axentes entraron ao inmoble, que era utilizado polas testemuñas de Xehová, viron como un individuo cunha arma fuxía ao piso superior.

Os representantes da Fiscalía e da policía sinalaron, pola súa banda, que o atacante, que foi identificado, é de nacionalidade alemá. Non contaba con antecedentes penais de ningún tipo e posuía un permiso de armas como tirador deportivo.

Para o crime empregou a pistola que estaba rexistrada ao seu nome e na súa vivenda atoparon múltiples caixas con municións. Ademais a policía confiscou dispositivos electrónicos que aínda están a ser investigados. 

Aínda que a motivación do ataque aínda está por esclarecer, non hai indicios de que haxa un transfondo político, senón que as autoridades apuntaron máis ben a unha posible disputa persoal, a pesar de que non entraron en detalles.

O asaltante era testemuña de Xehová pero abandonou a comunidade relixiosa hai aproximadamente un ano e medio, de forma voluntaria.

As sete vítimas mortais do ataque son catro homes e dúas mulleres, de entre 33 e 60 anos e todos eles de nacionalidade alemá, así como unha criatura nonata de sete meses de xestación. Ningún deles eran parentes do atacante.

Oito persoas quedaron feridas e catro delas permanecen de momento en estado grave, das cales seis posúen nacionalidade alemá, ademais de contarse entre elas unha muller ugandesa e unha ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade