Veciños do barrio coruñés do Castrillón denuncian un punto de venda e consumo de drogas
Veciños do barrio coruñés do Castrillón denuncian un punto de venda e consumo de drogas
Ringleiras de toxicómanos para mercar e consumir substancias
Denuncian que os roubos nos coches son constantes neste barrio da Coruña
Ringleiras de compradores a todas horas. É o que ven os veciños do barrio do Castrillón desde as súas vivendas e nas propias rúas Antonio Ríos e Casanova de Eirís, onde se sitúan dúas chabolas convertidas en puntos de venda e consumo de droga.
Os veciños do barrio aseguran que senten medo e inseguridade ante a actitude dos toxicómanos que os increpan e lles piden cartos e diversos produtos. Denuncian ademais que os roubos nos coches son constantes e que os ocupantes fan moito ruído.
Xa presentaron un escrito ao Concello pedindo que se urbanice a zona para acabar coa degradación que está a sufrir o barrio e que se derruben as chabolas para erradicar un problema co que levan convivindo máis de dúas décadas.