Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños da zona vella de Cangas esixen o cambio das tubaxes por risco para a saúde pública

Veciños da zona vella de Cangas esixen o cambio das tubaxes por risco para a saúde pública

Os veciños din que no Concello de Cangas argumentan falta de orzamento para acometer a obra

G24.gal 11/06/2024 14:31

A canalización da rúa Fonte do Galo de Cangas ten aproximadamente setenta anos. Está feita de fibrocemento e, pola súa antigüidade, sofre continuas roturas que provocan, segundo denuncian os veciños, a expulsión de amianto, un material perigoso para a saúde. Na asociación de veciños explican ademais que pode afectar a toda a rede de abastecemento porque está conectada. 

Esixen a súa retirada, como marca a normativa, pero seguen sen resposta das administracións e organismos cos que contactaron. Din os veciños que no Concello de Cangas argumentan falta de orzamento para acometer a obra e que tampouco hai cartos para realizar a analítica da auga que solicitaron. 

Ante esta situación, os afectados fixeron outras propostas coma instalar novas tubaxes no exterior as fachadas e anular as existentes ata que se poida acometer un proxecto que permita retirar as antigas e soterrar as novas de PVC. Esixen solucións urxentes e demandan un estudo que permita facer un rexistro de todas as rúas afectadas polo emprego de fibrocemento nas tubaxes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade