Publicador de contidos
Publicador de contidos

Residentes en barrios históricos organízanse contra o ruído do ocio nocturno

Residentes en barrios históricos organízanse contra o ruído do ocio nocturno

Nace a Federación Galega contra a Contaminación Acústica

Estima en 15.000 familias as afectadas por este problema

G24.gal 21/01/2024 13:10 Última actualización 21/01/2024 15:00

Tres colectivos veciñais das zonas históricas da Coruña, Santiago e Ourense acaban de poñer en marcha a Federación Galega contra a Contaminación Acústica, coa intención de ir integrando outras asociacións. Queren darlle visibilidade ao principal problema dos seus barrios.

"En Ourense temos unha declaración de zona acusticamente saturada do ano 2002, cun regulamento, e levamos dúas décadas igual ou peor, con locais sen licenza, que seguen actuando como pubs, sen control da acústica".

Ruídos e noites de insomnio que nalgúns casos obrigaron a veciños a deixar as súas casas. E que poden prexudicar a toda a sociedade.

"Eu só lle preguntaría á xente quen está disposto a poñerse nas mans dun médico que non durmiu a noite anterior por culpa do ruído do ocio nocturno ou quen se sube a un bus que conduce un chofer que durmiu hora e media as últimas catro noites".

Piden que a Xunta modifique o decreto de horarios e se fagan inspeccións periódicas nos locais. O obxectivo desta federación é que as administracións teñan en conta a veciñanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade