Veciños de Fene denuncian que a fachada dunha casa pode caer e provocar unha desgraza
Veciños de Fene denuncian que a fachada dunha casa pode caer e provocar unha desgraza
O Concello abriu un expediente de infracción urbanística
Tras a caída de cascallos dun lateral dunha casa ruinosa de Fene, Balbina, que vive a carón, non pode acceder ao seu garaxe nin ir á súa horta.
Unha fenda que descubriron xa no 2021 fixo saltar as alarmas. Porén os veciños din que, malia que petaron en todas as portas, ninguén lles achegou unha solución.
Explican que nesa zona, por onde pasa o Camiño Inglés de Santiago, hai máis inmobles en avanzado estado de deterioración, e temen que calquera día os danos sexan irreparables.
O concelleiro de Urbanismo informounos de que estas casas pertencen a 18 propietarios que non son quen de localizar, e di que xa abriron un expediente de infracción urbanística hai ano e medio. Amais pensan nunha execución subsidiaria para, polo menos, retirar os cascallos.