Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Maside seguen padecendo as consecuencias da riada de xaneiro

Veciños de Maside seguen padecendo as consecuencias da riada de xaneiro

Denuncian que, case tres meses despois, segue sen reparar o derrubamento no río Carrás

A fochanca que daquela medía 7 metros xa creceu ata os 9

A auga do río fíltrase a un almacén de materiais de construción

A auga do río fíltrase ao soto dun almacén de materiais de construción
G24.gal 13/03/2023 13:18

Ao estar taponado o leito do río Carrás, afluente do Avia, a auga busca saída e aflora no soto dun negocio de materiais de construción. Teñen unha bomba achicando auga constantemente e, aínda así, tiveron que retirar boa parte da mercadoría.

"Temos mercadorías delicadas, de ferraxería, e esta división de pladur que fixemos hai dous anos e estragouse toda. Tamén tivemos que trasladar moita mercadoría para outro almacén, o que implica un gasto", sinala Fernando Pérez, un dos propietarios do negocio.

O leito do río, que non se ve porque discorre desde hai décadas baixo o asfalto, está taponado a consecuencia do derrubamento que provocou a riada do pasado 1 de xaneiro. O buraco que se abriu no asfalto tamén segue sen reparar. "Ninguén nos dá unha solución, nin o Concello nin a Confederación Hidrográfica, nin a longo nin a curto prazo. Isto é un despropósito, non sabemos que facer", lamenta Fernando.

A dona doutra casa, engulida pola auga nas inundacións de xaneiro, tamén segue padecendo as consecuencias.

Concha González, afectada: "A caldeira da calefacción, electrodomésticos, catro coches para o despezamento porque os cubriu a auga... e os danos psicolóxicos porque aínda non recuperamos o día a día".

Para Jose, o problema é o acceso á leira onde ten os cans. Uns e outros piden solucións.

José Manuel González, afectado "Se volve chover, e estamos na época, vai volver pasar, porque aínda está máis taponado que antes".

A Confederación Hidrográfica atribúelle a competencia da reparación ao Concello, ao tratarse dunha vía pública de titularidade municipal. Pola súa banda, o alcalde de Maside sinala que teñen intención de reparalo, pero que están á procura de financiamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade