Cargando resultados...
Veciños de Ponteareas denuncian a situación de abandono do concello
Veciños de Ponteareas denuncian a situación de abandono do concello
Centos de persoas concentráronse diante a casa do concello
Veciños de Ponteareas na manifestación
G24.gal
16/12/2021 22:04
Os veciños de Ponteareas concentráronse esta tarde fronte o Concello para denunciar unha situación de abandono. Aseguran que é unha cuestión de descontento social ante o peche da vila, a redirección do tráfico, os problemas de mobilidade, os múltiples atascos, as obras "interminables" e a "morte do comercio local".
Centos de persoas reclamaron fronte a casa do Concello solucións baixo o lema de "Ponteareas non morre, mátana".