Veciños de Santiago piden que limpen a maleza do seu barrio
Veciños de Santiago piden que limpen a maleza do seu barrio
A maleza nas brañas do Sar afecta casas, un muro da vía do tren e as beiras do río
Veciños do barrio compostelán das Brañas do Sar xa non saben que facer para que lles limpen a maleza que rodea as súas casas. A situación vén de vello e pídenlle ao Concello que interveña para que lles obrigue aos responsables a limpar leiras, muros e beiras do río.
No último temporal, na beira do río, o vento tirou unha árbore dentro dunha casa. Teñen moito medo de que se repita a situación, sobre todo con varias árbores que están moi preto do tendido eléctrico.
Pídenlle ao Concello que se poña en contacto cos propietarios das leiras e que tomen medidas urxentes. Aseguran que o muro da vía do tren, propiedade do AdIf, só se limpou unha vez en dez anos aproximadamente e que, ao igual que unhas poucas leiras, foi logo de que saíra na prensa e de que o Concello llelo notificara.
Desta volta pídenlle que interveñan de novo e que poñan as ferramentas necesarias para que non sexa algo puntual, senón periódico.