Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños e usuarios do CHUS temen que a ampliación agrave os problemas de aparcadoiro

Veciños e usuarios do CHUS temen que a ampliación agrave os problemas de aparcadoiro

O proxecto de ampliación do hospital non aborda a escaseza de aparcadoiro na zona

Piden máis prazas e mellores accesos para solucionar un problema que afecta usuarios e veciños 

 

 

G24.gal 01/02/2023 14:24

"Levo unha hora dando voltas, é terrible".

"Os coches están subidos na beirarrúa, tería que haber un aparcadoiro como Deus manda".

"Xa vedes que é imposible".

Ese é o panorama que cada mañá describen os usuarios do Hospital Clínico de Santiago. O problema é coñecido e vén de vello. Pero podería ir a máis, agora que se van ampliar as instalacións do complexo e o proxecto non aborda os problemas de aparcadoiro.

"Se amplían o centro teñen que ampliar prazas, aquí a xente non vén por gusto".

"Temos o problema hai anos e non fan nada. O Sergas pásalle a pelota á Xunta, a Xunta ao concello de Santiago e o concello á Xunta. Precisamos unha solución xa", explica Maruxa Guitián, voceira da Asociación de veciños de Santa Marta.

Reclaman ás administracións máis prazas e mellores accesos para poñer fin a un caos que tamén afecta aos veciños de barrios próximos como Santa Marta e A Choupana. Moitos teñen garaxe privado pero case ninguén que os visite ou lles preste servizo atopará onde estacionar.

"É horrible, as empresas se te teñen que atender pola mañá xa che din que non porque non teñen onde estacionar. Hai un aparcadoiro subterráneo, si, pero é carísimo e está completo", lamenta a voceira da asociación veciñal.

Queren que o hospital medre pero piden máis planificación para o aparcadoiro e tamén unha mellora dos accesos. Aseguran que están desfasados e que se colapsan con frecuencia dada a cantidade de usuarios que move a área sanitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade