A Feira do Viño de Pantón exalza os caldos da ribeira do Miño, do Sil e do Cabe
A Feira do Viño de Pantón exalza os caldos da ribeira do Miño, do Sil e do Cabe
É unha festa de interese turístico de Galicia onde se enxalza a viticultura da zona
Brindes colectivos para reivindicar o valor dos viños con Denominación de Orixe. Esta fin de semana toca, para os que se acheguen a Pantón, probar os viños da Ribeira Sacra. Este ano participan dúas adegas máis que na edición pasada, que se distribúen nun total de dez casetas.
É unha festa de interese turístico de Galicia onde se enxalza a viticultura da zona e que conta cunha longa tradición.
"Para as adegas da zona é un xeito de estar en contacto coa veciñanza, moitos deles e delas son viticultores que teñen ribeira, que nos venden uva e para nós é un orgullo devolverlles esa uva en forma de viño na mostra de Pantón", di un adegueiro.
Esta mostra é a única que conta cos viños das tres ribeiras dos ríos Miño, o Sil e o Cabe.
"Alucínanos o ambiente, a xente, as adegas pequenas. Encántanos", di algún visitante.
Xornada moi animada no primeiro día onde tamén puideron maridar os viños con outros produtos gastronómicos da zona como a empanada, xa que se celebra tamén a súa festa.
Durante toda a fin de semana sucédense actuacións musicais e charangas. Veciños e visitantes comparten así empanada, viño e música.