Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres xogadores do Breogán quedaron en Lugo pola covid e non viaxaron para xogar ante o Betis

Tres xogadores do Breogán quedaron en Lugo pola covid e non viaxaron para xogar ante o Betis

Un cuarto xogador si viaxou, pero cun índice de positividade alto

Vejko Mrsic: "O novo reto é tentar xogar os play-off"

G24.gal 03/02/2022 13:35

Tres xogadores do Breogán quedaron en Lugo pola covid e non viaxaron a Sevilla para xogar ante o Betis. Un cuarto xogador si viaxou pero cun índice de positividade alto.

Con todo, quere comezar con enerxía e ambición Veljko Mrsic no Río Breogán. Debuta o sábado na pista do Betis. E márcase un obxectivo, xogar os playoff polo título. Iso si, primeiro hai que acometer o primeiro reto: certificar a permanencia.

E iso pasa por comezar a sumar tamén fóra da casa, onde o Breo só foi quen de gañar en dúas ocasións esta tempada. Para o partido contra o Betis teñen dous positivos confirmados, segundo explicou Tito Díaz.

O director xeral breoganista confirmou tamén que a ACB, polas restricións pola covid en Andalucía, lles deixou só 100 abonos para a Copa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade