Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vero Boquete cre que pode haber un antes e un despois de Rubiales para o fútbol feminino

Vero Boquete cre que pode haber un antes e un despois de Rubiales para o fútbol feminino

Vero Boquete: "Isto vai facer que as futbolistas volvan para centrarnos no futuro, que ten que ser bo"

G24.gal 12/09/2023 12:30 Última actualización 12/09/2023 12:37

Vero Boquete falou nas últimas horas sobre a situación que vive o fútbol feminino español tras o sucedido na celebración do Mundial.

A opinión da futbolista santiaguesa ten peso, e onte mesmo participaba en Suíza nun conclave convocado pola UEFA da que é embaixadora para o desenvolvemento do fútbol feminino dende 2017.

"Isto vai facer que as futbolistas volvan para centrarnos no futuro, que ten que ser bo".

"Hai que utilizar isto para educar, para transformar. Se podemos crear un cambio, esta sería una situación boa".

A galega dixo que coa dimisión de Luís Rubiales gañouse unha batalla contra o machismo no fútbol pero que se está perdendo a guerra por lograr cambios profundos no fútbol feminino español.

"Gañamos unha batalla pero estamos a perder a guerra", dixo a excapitá da selección española e actual xogadora da Fiorentina italiana, nunha entrevista coa revista alemá Der Spiegel.

"Rubiales viu ao fin que non tiña sentido seguir amarrándose ao seu posto. Pero queremos un cambio máis profundo", agregou.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar