Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSdeG premia a loita pola igualdade de Vero Boquete e Paula Dapena

O PSdeG premia a loita pola igualdade de Vero Boquete e Paula Dapena

As futbolistas recibiron o galardón Maruja Vázquez "pola súa defensa do feminismo e dos valores do deporte"

José Ramón Gómez Besteiro coas galardoadas
G24.gal 20/04/2024 19:23

O Partido Socialista de Galicia entregou este sábado en Santiago os seus V Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez ás futbolistas galegas Vero Boquete e Paula Dapena.

A formación recoñece a traxectoria persoal e profesional das galardoadas na defensa da igualdade entre homes e mulleres e dos valores do deporte.

No acto de entrega estiveron parlamentarios e representantes do PSdeG en varias institucións do país. O secretario xeral do partido, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou o feminismo como motor xerador de dereitos e liberdades. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade