Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viaxar en setembro é un 25 % máis barato

Viaxar en setembro é un 25 % máis barato

Este ano un 17 % dos españois pospuxeron as súas vacacións a setembro para evitar a masificación
 

En setembro os día seguen a ser calorosos, aínda que máis curtos
G24.gal 30/08/2024 15:07 Última actualización 30/08/2024 18:35

Mentres a maioría dos españois dan por rematadas as vacacións, hai un 17 por cento que aínda non as colleu. Agardan a setembro porque é un mes que ofrece certas vantaxes.

 "Parece ser que se reducen bastante, proporcionalmente os custos de hoteis, transportes, etc....".

"A miña mellor quincena é a primeira de setembro, aquí non sei coma andaredes de tempo en setembro, pero menos xente, máis barato, adoita i moi bo tempo".

 "Menos xente, máis barato e podes ver as cousas con calma", comentan na rúa.

A preferencia por setembro déixase notar tamén nas axencias de viaxes

  "Si, notamos, estes dez días para aquí, peticións para setembro, para outubro pero claro é outro tipo de perfil de cliente, xa nada de familias, un pouco sénior, case", explica Isabel Suárez, departamento de vendas de Azul Marino

Segundo o Observatorio Nacional de Turismo un 30 % dos maiores prefiren viaxar nese mes

 "Para nós calquera, ao estar xubilados calquera mes é bo menos xullo e agosto obviamente"

Organizar as vacacións de verán en setembro sae un 25 % máis barato que con respecto a agosto.

"Depende dos destinos, pero calquera deles como o Mediterráneo, as illas, as Baleares, as Canarias, baixan si, si, os hoteis, todo", relatan dende a axencia de viaxes.

A moitos gustaríalles poder dispoñer de setembro, pero ás veces resulta difícil

 "Non podo coller de vacacións setembro porque se non non coincidiría coa miña parella".

"Complicado para min, normalmente cólloas máis avanzado o inverno".

 "É un mes difícil cando tes nenos, adaptacións de colexios, garderías etc, é complexo".

E se non fose tan complexo?

 "Encantaríame, encantaríame, encántame estar de vacacións cando os demais traballan".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade