Viaxar en tren a Ourense, Zamora ou Seabra desde A Gudiña custa a metade desde hoxe
Viaxar en tren a Ourense, Zamora ou Seabra desde A Gudiña custa a metade desde hoxe
Os usuarios poden facer uso dos abonos Avant para viaxeiros frecuentes que están bonificados nun 50 %
Dende hoxe os viaxeiros que collan habitualmente o tren de alta velocidade na Gudiña para desprazarse a Ourense, Zamora ou Pobra de Seabra poderán facelo con descontos do 50 por cento mercando os abonos Avant.
Catro trens por sentido paran ao día na estación da Gudiña. Dende a entrada en funcionamento da alta velocidade, a viaxe ata Ourense realízase en 40 minutos. Por estrada leva máis dunha hora.
Dende este mércores os viaxeiros habituais entre Ourense, A Gudiña, Pobra de Seabra e Zamora xa poden mercar os abonos Avant, que permiten acceder ao desconto do 50 por cento.
Unha boa nova, pero que os usuarios non consideran suficiente. Unha gratuidade das viaxes frecuentes que, din, impulsaría o uso do tren nesta zona rural.