Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viaxar por España é máis caro este verán

Viaxar por España é máis caro este verán

Avións, hoteis e restaurantes subiron de prezo, mentres que baixan se se viaxa ao estranxeiro

Os turistas nacionais notan a suba de prezos este verán
G24.gal 14/08/2024 15:11

Viaxar por España este verán é un pouco máis caro.

 "Notámolo, si, do ano pasado a este si"; "Si a suba nótase. Nótase no que é o voo, os hoteis, en xeral todo se nota que hai suba"; "Si, si está máis caro en España o que pasa é que nós vimos de Cataluña onde aínda está máis caro que en Galicia co que non o notamos tanto pero en xeral si está máis caro, si", comentaban esta mañá varios turistas no aeroporto de Santiago.

Os prezos dos voos nacionais foron en xullo case un 12 por cento máis caros e os paquetes turísticos un 10. Tamén subiron os hoteis un 5 %.

"Indubidablemente os todo incluído que antes a xente ía, ao mellor unha familia, un matrimonio con dous nenos por 1.800 ou 1.900 euros e agora menos de 2.500, 2.300 non se conseguen e menos nestas datas, eh", explica Rosa Cereijo, directora dunha axencia de viaxes.

Pola contra, son máis baratos os paquetes turísticos internacionais.

"No Caribe concretamente este ano os prezos baixaron, vendéronse por 1.100 por 1.200 hoteis de 5 estrelas, o típico paquete de voo, traslados, hotel todo incluído e seguro básico de viaxe", continúa.

Coas cifras enriba da mesa sae máis caro viaxar por España que fóra, pero iso aos españois, porque os estranxeiros non teñen a mesma percepción.

"Para min os prezos en España quedan aínda bastante bos. Acabo de pasar unha semana aquí e non me saíu demasiado caro, e ademais o nivel de prestacións é excepcional en España", conta unha turista francesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade