Vigo alivia o tráfico coa apertura do túnel que conecta a AP-9 co centro da cidade
Vigo alivia o tráfico coa apertura do túnel que conecta a AP-9 co centro da cidade
Esta vía é un dos principais accesos da nova estación intermodal
Xa está en funcionamento a entrada á autoestrada AP-9 en Vigo dende a rúa Lepanto. Trátase dun dos principais accesos dentro da nova estación intermodal da cidade.
É unha das entradas máis concorridas á AP-9 por estar en pleno centro da cidade e pasou máis dun ano pechado polas obras. Uns traballos que custaron uns 23 millóns de euros e que incluíron a colocación de máis de 350 pivotes de apoio.
O túnel permanecerá aberto ao tráfico ata o mes de febreiro, cando volverá pechar para acometer parte das obras do ascensor Halo que conectará dúas alturas da cidade, dende García Barbón ata o centro comercial Vialia.
Este mesmo mes está previsto que comece a funcionar a nova estación de autobuses.