Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo é a área con máis casos e Ferrol a que presenta a mellor situación

Vigo é a área con máis casos e Ferrol a que presenta a mellor situación

Vacinación e cribados masivos son as mellores armas para loitar contra o avance do virus

G24.gal 09/01/2022 14:58

A área sanitaria de Vigo volve marcar cifras de vertixe. Nas últimas 24 horas detectáronse 1.743 novos positivos, o número máis alto desta sexta vaga.

Hai preto de 12.300 infeccións activas na Coruña, case 500 máis ca as que se notificaron 24 horas antes.

A área sanitaria de Santiago e A Barbanza segue a ser a terceira en casos activos e é tamén a terceira en que se detectaron máis contaxios en 24 horas. Nesta área aumentaron ademais os hospitalizados en planta. Nas unidades de coidados intensivos mantense a mesma cifra de ingresados.

O Sergas contabilizou na área de Santiago e A Barbanza 733 contaxios en 24 horas. En total, nestes momentos hai constancia de algo máis de 11.600 pacientes coa infección activa. Os hospitais teñen 71 ingresados. Son sete máis que onte.

Continúa a vacinación masiva na área sanitaria de Ourense para frear o avance da covid–19. Aínda así, onte contabilizáronse 700 novos contaxios para un total de 8.809 casos activos. Tamén se informou da morte de dúas persoas nas últimas horas.

Con cita previa, algúns pontevedreses aproveitaron para facer un test de antíxenos no recinto feiral ou tamén na estación de Renfe. Moitos acudiron á primeira hora.

Na provincia de Lugo continúa aumentando o número de afectados por coronavirus. Son 6.620 as persoas coa infección activa, segundo a última información do Sergas. É un dato preocupante porque supón 309 persoas contaxiadas máis ca na xornada anterior. Por zonas, onde máis casos se rexistran é na Mariña. Aquí xa superan os mil. Na capital hai 2.375 diagnosticados.

Ferrol continúa a ser a área sanitaria galega que presenta o menor número de casos activos: 4.147, 221 máis ca onte.

E malia que a cifra de contaxiados diarios segue superando os douscentos, nas últimas xornadas vai diminuíndo algo dun día para o outro.

Tamén, co novo protocolo, diminúe a presión sobre os sanitarios que fan o seu traballo nos puntos covidauto, segundo nos comentaron esta mañá.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos