Vigo rexistra colapsos de tráfico en todos os accesos á cidade

As ringleiras de vehículos obrigaron a ministra de Educación, Pilar Alegría, a suspender un acto que tiña previsto na Porta do Sol viguesa 

G24.gal 01/12/2023 18:32 Última actualización 01/12/2023 23:10

Todos os accesos á cidade de Vigo rexistran colapsos de tráfico este venres. Tanto na avenida de Madrid como na autoestrada AP-9, segundo informou a Policía Local, hai retencións que están provocando ringleiras de vehículos tamén no centro urbano. 

Milleiros de visitantes, moitos deles lusos por ser este venres xornada festiva en Portugal, achegáronse ata Vigo para ver as luces de Nadal. 

O caos de tráfico impediu á ministra de Educación, Pilar Alegría, manter un encontro cos socialistas locais na tarde deste venres. A cita, que estaba prevista na Porta do Sol, onde se atopa a árbore do Nadal vigués, tivo que ser suspendida.

Alegría trasladouse directamente a Pontevedra, onde vai presenciar o partido de fútbol entre as campioas do mundo, a selección de España, e a de Italia, correspondente á Liga de Nacións feminina da UEFA, que se disputa no campo de Pasarón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar