Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vilamartín de Valdeorras recupera a Festa do Enxerto 50 anos despois

Vilamartín de Valdeorras recupera a Festa do Enxerto 50 anos despois

A celebración quere pór en valor a importancia que tivo esta actividade económica na zona

Exhibición de como se facían os enxertos á man
G24.gal 20/04/2024 15:16 Última actualización 20/04/2024 16:13

Participaron nos concursos de enxerta que se levaban a cabo en Vilamartín de Valdeorras nos anos 70 e hoxe volveron coller as navallas para amosar a arte que se agocha tras este traballo manual.  Xunto a eles as atadoras, rafia en man. O seu labor é fundamental tamén para que o enxerto saia adiante. Un traballo que, noutrora, se realizaba en case todas as casas deste concello ourensán, de aí a importancia desta actividade económica para zona.

Co paso dos anos as navallas deixaron paso ás máquinas e a rafia á parafina. José Manuel Valeiras é a terceira xeración de viveiristas e coñece ben como mudou o proceso. Unha actividade, a do enxerto, que naceu a raíz da filoxera e do traballo de varios valdeorreses para combater esta praga. Chegou a haber uns 300 viveiristas, hoxe queda media ducia pero Valdeorras segue a ser unha das principais produtoras de enxertos de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar