Vilanova dos Infantes celebra a romaría Raigame
Vilanova dos Infantes celebra a romaría Raigame
Preto dun cento de artesáns danse cita no burgo medieval
Fai vinte anos da primeira edición
Tras dous anos de interrupción forzosa pola pandemia, Raigame regresa nesta edición con máis ilusión ca nunca. Oitenta artesáns danse cita neste burgo medieval de Vilanova dos Infantes para recrear como era a vida na Galicia rural de hai máis de cen anos. Unha das figuras imprescindibles daquel tempo era a do médico rural, ao que homenaxean este ano.
José Manuel Lage, fundador do Museo do Médico Rural: "Ía a cabalo. Traballaba as 24 horas do día, os 365 días do ano, nunhas codicións onde non había vacinas nin antibióticos. É unha homenaxe a esa medicina heroica e, sobre todo, hereditaria".
Raigame é unha festa dos oficios, das persoas e dos seus costumes, pero tamén dos animais que as acompañaban e as servían.
"Traballaban a terra, daban leite, carne... Á parte de ser as nosas, merecen máis respecto porque mantiveron as xeracións anteriores, son as que as sacaron adiante", explica Tonecho, un gandeiro que participa na romaría.
O día das nosas letras é tamén o día de Raigame, a romaría popular que se expresa en galego.